20 febrero, 2010

Chove en Compostela


Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.



Troca o tempo, trocan as estacións, troca a noite polo día, trocan as consignas das manifestacións, trocan as películas no cinema e tamén trocamos nós.
Pero as pedras da praza da Quintana siguen descubrindo vidas a diario: Aquel que vai ó traballo, aquela que chega ca resaca do entroido, outro que baixou da casa para mercar tabaco, outra que pensou en voz alta...
Unha vez ouviron unha historia, ollaron a unha rapaza baixar as escaleiras a pata coxa, sentiron o doce sabor da crema de augardente, escoitaron o latexar do corazón dun home namorado, risas, bailes e bonitas verbas. "Se o candíl non alumea, non se colga da parede, se o candíl non alumea, non se colga da parede e o amor que non é firme non se fai máis caso dele ai lalaaa, ailalaaaa"

12 comentarios:

Bolboreteira dijo...

Qué bonita entrada! Son unha namorada de Santiago, alí vivin cinco dos meus mellores anos, e sempre terei morriña desa cidade.
Besiños.

Carlos Sousa dijo...

Ai se as pedras falaran!! Cantas historias terán visto...
Que será, que esta choiva ponnos sentimentais, e non só en Santiago, é xeral, cada un donde o viviu.
Un bico.

Chousa da Alcandra dijo...

Pensarás que son igual que Santo Tomás; pero esta fin de semana fun a Compostela. E molleime. E o vento de hoxe á mañán alporizoume a roupa e mailas ideas.

vintxuca dijo...

Bolboreteira a min iso pasame con Ourense, son unha namorada da cidade porque tamén vivín ali mentres estudiaba...pero Compostela é berce de moitos amoríos pasados jejejee!!!

Carlos melhor que non falen e que sexamos nós os que o contemos para poder dicir o que nos interesa e poder parar a tempo no que queremos manter de segredo...jajaja, que si as pedras falasen sejuro que as moi lariqueiras contaban de todo!!!!

Chousa, Santo Tomás??? jajajaaa...non cola ese parecido nin de lonxe!!!
Eu levo meses cas ideas revoltas...cando atopes a forma de asentalas avisa e pasa a receita...que a min tamén me vai facendo falta....

zeltia dijo...

moi de dentro do pensamento e do corazón esta entrada ¿non sí?
gustoume como a remataches,
con esa cantiga popular que encérrache moita sabidoría
;-)
outra cousa é que fagamos caso dela
pero tí sí, polo que intuo
:D

paideleo dijo...

Que sorte teñen algunhas pedras !.

Forragaitas dijo...

Incluso as lousas da Quintana vanse desgastando, aínda que nos doa.

Unha aperta!

setesoles dijo...

A quen canta, se algo lle doe, esqueceuno. ;)
E si. Todo vai cambiando e teño comprobado que cando non cambia aínda é pior. Pero non me fagas moito caso.

Bicos pasados por auga. O tempo que vai que non chovía...

Antón de Muros dijo...

Canta inspiración, Vintxu!

Un bico.

Antón.

xenevra dijo...

As pedras como salvagarda do pasado, como construtoras dos futuros do páis. As pedras nosas, coma a choiva, coma as coplas que xorden das noites de xolda. As pedras enchoivadas que fan nacer versos ao longo da historia da nosa literatura.

Encantoume o escrito: fondo e forma en perfecta comuñón.

zeltia dijo...

andas por outros eidos?

:-)

A nena do paraugas dijo...

Gustoume todo, pero a copla do final, coroume.

Un saúdo.