28 marzo, 2010

A través do espello



A vida ten cousas marabillosas: Os concertos de Jazz no Filloa, as grandes comellonas, as bandas deseñadas de Linniers, unha boa peli no Cegai, a satisfacción de facer as cousas ben, traballar ata as cinco da mañá con café e amigos, bailar como unha tola un mércores de madrugada sen ter que esperar a que sexa fin de semana, o sorriso dos amigos os que queres, durmir na habitación de cando eras nena ca túa gata no colo, a comida dos pais, que nos pinten un retrato a carbón, unha boa serie, o Lago Ness, as ceas de antigos compañeiros de universidade, ir ó ximnasio, beber panachés en Praia da luz, as tapas a un euro da Garimbota todos os martes, debuxar, as kaipirinhas do Bao Bar, recibir unha carta por correo postal e que non sexa unha factura, o licor café do Gomes Gaioso, revelar fotos no laboratorio ca luz roxa e o papel de fibra, a crema de augardente de Allariz, un bo corte de pelo, os calcetíns de cores, un libro que enganche, as revistas do corazón inglesas, o pisiño novo, escoitar un disco de Bowie ou de The cure, facer lentellas para catro, montar unha estantería, o mar, escoitar o ronroneo de Bimba, ouvir os aturuxos nunha muiñeira, unha montaña rusa, un bocadillo canibal do Rogelio, cantar xuntos cancións de "ataque escampe", as pelis de serie B, rir, chorar....
As veces dubido se todo isto que me está tocando vivir é real ou un espellismo, síntome como Alicia mirando a través do espello.

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Pois sigue sendo Alicia moito tempo; que -aínda que éste é un país marabilloso- non che é o das marabillas...(que che vou contar que esa intelixencia túa, sabiamente estimulada por mestras de Antas, non che permita albiscar...)

Bicos a través do cristal (joder, como chove!!!)

Zeltia dijo...

No, os bocadillos do Rogelio non son un espellismo!

mira tí que maneira máis boa de apreciar o que é simplemente vivir!
todas esas que enumeras son cousiñas que fan a vida bonita,
alédame que saibas aprezalas, disfrutalas, vivilas!

Carlos Sousa dijo...

Pois aproveita o momento e a seguir disfrutando. Seguramente aínda hai moitas máis cousas que non contaches... Sorte temos alguns/as que vemos todo polo lado positivo, xa que problemas sempre existen, pero son menos, non?

Bicos

Bolboreteira dijo...

Pequenas cousas que son as máis grandes e que fan que a vida sexa mellor.
Disfruta do momento.
Alégrame volverte a leer e sobre todo notar ese bo rollo que transmites.
Un bico!

BRABIDO dijo...

Cada dia aprendese unha cousa nova,inda che quedan moitas por....

Eu quedome coas lentexas.

Saúdos

vintxuca dijo...

Chousa o malo de ser Alicia é que nun segundo sínteste enorme e ó momento nótaste pequeniñaaaaaaaaaaaa..... este país das marabilhas é así, tal como predixo L.Carroll. Pero non deixa de ter certo encanto o non saber o que depara o futuro!!!!

Zeltia tes toda a razón...os bocatas do Rogelio non son un espelhismo...son outra das marabilhas que incluín neste mundo fantástico creado por min...e se merchara a unha illa deserta, levaríame conmigo, non un chisqueiro nin ferramentas, eu ponhería o bar de Rogelio debaixo dunhas palmeiras e a vivir...

Carlos... ben saberás que todos temos os nosos secretinhos que por certo, tamén son pezas importantes da nosa felicidade. Alédame saber que te metes no saco dos optimistas. Unha aperta enorme!!

Grazas Bolboreteira, temén é un pracer ler o que comentades e poder viaxar ata Antas, Chantada, a outra punta da Corunha, Sada, Ponteareas...ou donde quera que estedes cada un de vós, lendo os vosos blogues!

Brabido moi boa elección...as lentelhas que eu fago son ben ricas e non é por presumir que tampouco me considero marabilhosa cocinheira, máis ben é por un tema de cabezonería.... xa que non parei ata conseguir que me quedasen iguais que as que fai o meu pai, agora si presumo, o melhor cocinheiro do mundo!

xenevra dijo...

Os pinchos de balde que che poñen cos viños en Lugo, o olor da terra cando recibe a choiva no espreitar do día, o espellor que permite ver a través, Alicia, as moitas alicias que soñan con ou sen espellos, con ou sen contos de dragóns, Alicia, sorrindo neste lado dende o que se ve ben os olliños do ghato.

Forragaitas dijo...

Eu, sen dúbidas, quédome con "recibir unha carta por correo postal e que non sexa unha factura".

Hai anos que non me pasa.